sábado, 28 de julio de 2012

1 mes para tratar de buscar o ansiado dianteiro



Queda case un mes para que remate o mercado de fichaxes de verán e o noso presidente Augusto César Lendoiro esta traballando a destaxo para conseguir o punta tan ansiado polo deportivismo nestes últimos años. Dende os tempos de Diego Tristán, Pandiani,... o Depor non consegue ter no seu plantel un dianteiro con fame goleadora.
No que levamos de verán son moitos os nomes que sonan para a dianteira branquiazul, o máis ansiado sen dúbida e Diego Costa no que o presidente dixo na rolda de prensa do pasado venres na presentación de Abel Aguilar, que traballará moito para tratar de traelo a cidade herculina. Outro nome foi o de Álex Geijo que xa sonara con forza no pasado mercado invernal, pero Lendoiro comentou que é un bo dianteiro pero non é o que estan a buscar.
Antonte dixose por Arxentina que o Deportivo da Coruña andaba detrás do dianteiro arxentino Fernando Cavenaghi, que non sería unha mala fichaxe para o equipo.
E estes e outros máis nomes tales como os dianteiros portugueses que nos podía traer Jorge Mendes como Hugo Almeida, pero este ten unha alta ficha e o xóven xogador Nelson Oliveira de 20 años.
Sexa ou sexan os dianteiros que traiga Lendoiro, esperamos que sexan bos e que consiguen romper con esa maldición deportivista de non encontrar un dianteiro efectivo para a súa volta a máxima División Española.



No hay comentarios:

Publicar un comentario