viernes, 29 de octubre de 2010

TODOS CON EL DEPOR!

8 xornadas disputadas, 4 partidos perdidos, 4 partidos empatados, 0 vitorias, 3 goles a favor (2 de penalti) e 14 goles en contra. A desesperación aparece e a paciencia remátase… Só quédanos unha opción e é converter Riazor nun inferno o vindeiro domingo. Nós somos os que verdadeiramente sentimos as cores da camiseta que os xogadores se poñen partido tras partido e somos nós os que nunca imos faltar ao noso club, por iso. A reacción debe empezar xa, o partido do domingo é coma unha final, temos que estar aí cando vaian quecer e tamén durante os 90 minutos, tentar gañar o partido dende a bancada, pitar cada ataque do rival e empurrar e dar ás a cada contraataque do Depor.
Temos que volver encher a bancada, facer que explote, non imos tirar a toalla e non podemos permitir que o equipo afúndase a mínima. O Domingo (Luns festivo) poida que sexa un dos partidos mais importantes da tempada e tamén un dos mais importantes dos últimos anos, así que ninguén pódese quedar na casa, o domingo toca “liar un buen pollo”, é o que nos queda rapaces... non hai outra, debemos dar exemplo de forza, garra e sentimento aos nosos xogadores.
Vémonos o Domingo, é agora cando o Depor necesítanos a todos, unha parte disto esta nas nosas mans, non faies. Pásao. FORZA DEPOR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario