miércoles, 30 de marzo de 2011

FUENTE: http://riazor-blues1987.blogspot.com

Os anos de gloria pasaron e esta tempada estamos volvendo a vivir sensacións das que xa nos esquecéramos a estas alturas de campionato.O equipo atópase nunha complicada situación,que require o apoio de todo o deportivismo e de toda a cidade.É o momento para que todos/as pasemos á acción,o noso equipo necesitanos e é,nestes difíciles momentos,onde a afección,dona do escudo e da camiseta que nos representa ,non pode fallar.
Seguramente moitos vos mostredes desanimados,nerviosos,sen ganas de nada pero debemos dar un paso firme cara adiante,para que entre todos saquemos ao Depor do grave problema no que se encontra inmerso.
O partido ante o Mallorca é o primeiro dunha serie deles onde a afección ten que ensinar ao equipo o camiño a seguir.
Non pode faltar ninguén,aqueles que fai tempo que non pasan por Riazor deberían volver para tender unha man ao equipo dos seus amores e xunto a aqueles que nunca fallan tinguir a cidade de branco e azul.
Está nas nosas mans comezar gañando o partido do Domingo e para elo é necesaria a implicación de todos/as,para elo desde RIAZOR BLUES queremos convocar a todo o deportivismo para que o Domingo 3 de Abril ás 13:30 horas nos xuntemos todos/as na Praza de Pontevedra ("Barça,Madrid... ya estamos aquí") para ás 14:30 horas partir camiñando cara a porta 0 do Estadio de Riazor e unha vez alí esperar ao autobús do equipo e transmitir aos xogadores a forza necesaria para conseguir unha vitoria vital.

Pedimos a colaboración de todos/as.Forza Depor!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario