jueves, 26 de mayo de 2011

Lendoiro comeza a pensar nas fichaxes

Nun verán que vai estar cargado de rumores e posibles incorporacións para un Deportivo que terá que recompoñer o seu equipo para regresar a Primeira División, en menos dunha semana dende que se consumara o descenso xa aparecen os primeiros nomes: Aarón Ñíguez, dianteiro do Recreativo de Huelva -cedido pola Valencia-, e Carlos Bellvís, lateral do Tenerife.

No caso do primeiro, Aarón Ñíguez trátase dun dianteiro de estatura baixa e que a pesar da súa xuventude -22 anos-, xa viviu distintas etapas en varios equipos. Natural de Elche, no ano 2006 comezou a súa andaina como futbolista da Valencia, e co filial do conxunto ché disputou 29 encontros nos que anotou catro goles. Posteriormente, tivo que 'emigrar' e marchar cedido a diferentes conxuntos: Xerez, Iraklis, Rangers, Celta de Vigo, e finalmente, disputou a última campaña no Recreativo, club co que xogou 15 choques e marcou tres tantos. Actualmente o club co que tería que negociar Lendoiro sería a Valencia, xa que segue sendo un xogador da súa propiedade.

Por outra parte, Carlos Bellvís trátase dun lateral zurdo que pertence ao Tenerife e que xa foi pretendido no ano 2009 polo presidente do Deportivo, xusto cando o club herculino tamén estaba a seguir a Jordi Alba. Formouse nas categorías inferiores da Valencia, e no ano 2006 marchou cedido ao Elche en Segunda División, conxunto co que foi indiscutible: 72 partidos disputados de 84 posibles en dúas tempadas. Actualmente pertence ao CD Tenerife, conxunto co que dende o ano 2009, a xulgar polos seus números, tivo unha traxectoria irregular.

Pois ben, ao parecer, Augusto César Lendoiro foi visto na tarde de onte con José Tárrega, representante de Interstar Deporte, empresa de representación de futbolistas sobradamente coñecida en Huelva e á que están vinculados estes dous xogadores. Veremos se as negociacións existen e chegan finalmente a bo porto.

1 comentario: